Organización del Cuerpo Humano: Niveles, Células, Tejidos, Órganos y Sistemas

Organización del Cuerpo Humano

1. Niveles de Organización

Los niveles de organización son los grados de complejidad en los que se organiza la materia viva. Los elementos de cada nivel se agrupan para formar niveles más complejos.

1.1. Nivel Atómico y Molecular

La materia está formada por átomos, que se unen formando compuestos llamados moléculas. Los átomos que forman la materia viva se denominan bioelementos, siendo los principales el oxígeno, carbono, hidrógeno y nitrógeno.

Las biomoléculas son moléculas formadas por la combinación de bioelementos, clasificándose en:

  • Biomoléculas inorgánicas: Estructura química simple (agua y sales minerales).
  • Biomoléculas orgánicas: Exclusivas de la materia viva, con carbono como bioelemento esencial (hidratos de carbono, lípidos, proteínas y ácidos nucleicos).

1.2. Nivel Celular

Es el primer nivel de organización con vida. Las moléculas se organizan en estructuras llamadas células, unidades anatómicas y funcionales de los seres vivos.

1.3. Nivel Organismo

Un tecido é un conxunto de células coordinadas e especializadas para realizar unha función. Os tecidos agrúpanse en órganos, e estes, á súa vez, en aparatos e sistemas, que constitúen un organismo pluricelular.
. 2. A célula humana (debuxo páxina 13: Características da célula animal)
A célula é a unidade máis elemental dun ser vivo capaz de realizar as tres funcións vitais. As células humanas son células con nutrición heterótrofa e organización eucariota.
As células eucariotas teñen una estrutura básica na que se distinguen a membrana plasmática, o citoplasma e o núcleo celular.
Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO Unidade 1: A organización do corpo humano
2 de 6 Páxina
2.1. A membrana plasmática
 Estrutura. É una envoltura fina e elástica que separa a célula do medio.
 Funcións.
 De transporte: controla o paso de substancias do interior ao exterior da célula e viceversa.
 De relación: detecta as variacións que se producen no medio e permite que a célula responda de forma adecuada a elas.
2.2. O citoplasma
 Estrutura. É una substancia na que se encontran os orgánulos celulares.
 Función. No citoplasma prodúcense moitas reaccións químicas vitais para a célula.
2.3. O núcleo celular
 Estrutura. No núcleo celular distínguense:
 A envoltura nuclear é una membrana dobre perforada por poros que controla o paso de substancias do núcleo ao citoplasma.
 A cromatina constitúe o material xenético da célula e está formado por filamentos de ADN. Cando a célula se reproduce, transfórmase en cromosomas.
 O nucléolo é una estrutura esférica na que se fabrican os ribosomas.
 Función. O núcleo controla as funcións celulares a través do ADN. Ademais, o ADN contén información sobre as características do individuo, e, cando unha célula se divide, transmite o seu ADN ás células fillas. Así, estas herdan a información que este contén.
2.4. A función dos orgánulos celulares e outras estruturas
Orgánulo Función Retículo endoplasmático Fabrica proteínas mediante os ribosomas que están unidos á súa membrana, e almacénaas ou transpórtaas ao aparato de Golgi.
Ribosomas
Fabrican as proteínas da célula. Mitocondrias Nelas prodúcese a respiración celular, que é un proceso no que se queiman nutrientes en presenza de osíxeno, para obter enerxía, e se desprende CO2.
Centríolos
 Dirixen a separación dos cromosomas durante a reprodución celular.
 Interveñen na formación de estruturas que producen movementos celulares. Citoesqueleto  Sostén os orgánulos.  Dálle forma á célula.  Intervén nos movementos celulares.
Aparato de Golgi
Encárgase de reunir substancias e, mediante as súas vesículas, transpórtaas a distintas partes da célula ou ao exterior.
Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO Unidade 1: A organización do corpo humano
3 de 6 Páxina
Orgánulo Función
Lisosomas
Son vesículas procedentes do aparato de Golgi, cheas de substancias dixestivas, que realizan a dixestión celular. Vesículas de almacenamento Acumulan refugallos, substancias incorporadas á célula, etc.
2.5. Diversidade e diferenciación celular
Aínda que a maioría das células do noso organismo son tan pequenas que só poden verse con axuda dun microscopio, existe unha gran diversidade de tamaños celulares. As formas das células tamén son moi variadas.
 A diferenciación celular
Todas as células que constitúen o ser humano proceden dunha célula inicial, chamada cigoto. As primeiras células resultantes da división do cigoto son todas iguais. Posteriormente, especialízanse en realizar unha función específica.
A diferenciación celular é un conxunto de cambios na forma e na estrutura da célula, que lle permite especializarse nunha función determinada.
3. Os tecidos humanos
3.1. Que é un tecido
Un tecido é un grupo de células que teñen a mesma ou parecida forma e estrutura, e que se especializaron en realizar a mesma función.
3.2. Os tipos de tecidos humanos
 O tecido epitelial
O tecido epitelial ou epitelio está formado por unha ou varias capas de células. Existen dous grupos de tecidos epiteliais:
 O epitelio de revestimento. Recobre e protexe superficies externas ou cavidades internas do noso organismo, como a epiderme, que é a capa máis externa da pel.
 O epitelio glandular. Forma as glándulas, a súa función é a de segregar substancias, por exemplo, as glándulas sudoríparas.
 O tecido muscular
O tecido muscular está formado por células con forma alongada, as fibras musculares. Estas fibras son contráctiles.
O tecido muscular forma os músculos do aparato locomotor, do corazón e das paredes de distintos órganos.
 O tecido nervioso
O tecido nervioso está formado por dous tipos de células:
 As neuronas, células capaces de captar e de responder aos estímulos, e de controlar a actividade do organismo.
Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO Unidade 1: A organización do corpo humano
4 de 6 Páxina
 As células gliais, son células que acompañan ás neuronas e a súa función e protexelas e alimentalas.
 O tecido conectivo
O tecido conectivo está formado por células separadas por unha substancia intercelular denominada matriz, que serve de unión e de soporte. Existen varios tipos de tecido conectivo:
 O tecido conxuntivo. Constitúe o recheo dos órganos e dos espazos que hai entre eles. Tamén forma os ligamentos e os tendóns.
 O tecido cartilaxinoso. Proporciona flexibilidade e resistencia. Constitúe as cartilaxes do noso corpo.
 O tecido adiposo. Constitúe a maior reserva enerxética do organismo e proporciona illamento térmico.
 O tecido óseo. É o principal constituínte do esqueleto. Proporciona soporte ao organismo e protexe os órganos vitais.
 O tecido sanguíneo. Ten unha matriz líquida que se denomina plasma. No plasma encóntranse suspendidas as células sanguíneas.
4. Órganos, aparatos e sistemas
Un órgano é unha agrupación de tecidos para realizar unha determinada función. Son órganos o corazón ,o estómago, os músculos…
Os aparatos e os sistemas son grupos de órganos que, de maneira conxunta, realizan unha función común. Son aparatos o dixestivo, o respiratorio…
4.1. Aparatos e sistemas do ser humano
 Aparatos e sistemas para realizar a función de nutrición
 O aparato dixestivo transforma os alimentos en nutrientes, que pasan ao sangue.
 O aparato respiratorio intercambia osíxeno, O2, e dióxido de carbono, CO2, co exterior.
 O aparato circulatorio transporta substancias a través do sangue.
 O sistema linfático colabora co aparato circulatorio no transporte de substancias.
 O aparato excretor toma do sangue as substancias de refugallo e expúlsaas ao exterior.
 Sistemas para realizar a función de relación
 O sistema nervioso recibe a información do exterior e elabora ordes mediante as que coordina o funcionamento do organismo.
 O sistema endócrino elabora ordes que provocan respostas en certos órganos.
 Os sistemas muscular e esquelético forman o aparato locomotor e orixinan os movementos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *