Biomoléculas
Glúcidos
- Monosacáridos
- Enlace O-glicosídico: Fórmase pola unión entre dous grupos OH dos C de dous monosacáridos.
Lípidos
- Ácidos graxos
- Enlace Éster: Un ácido graxo únese a un alcohol mediante un enlace covalente, formando un éster e liberando unha molécula de auga.
Prótidos
- Aminoácidos
- Enlace Peptídico: Fórmase pola unión do C do grupo carboxilo dun aminoácido co N do grupo amino doutro aminoácido.
Ácidos nucleicos
- Nucleótidos
- Enlace Fosfodiéster: Establécese entre o grupo fosfato situado no carbono 5’ dun nucleótido e o grupo hidroxilo do carbono 3’ do seguinte nucleótido.
Metabolismo
Anabolismo
Produción de moléculas orgánicas complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas ou inorgánicas, para o que requiren enerxía e poder redutor.
Catabolismo
Degradación oxidativa de moléculas orgánicas para obtención da enerxía necesaria para as funcións celulares.
Genética
Cromatina
Estado do material xenético presente no núcleo interfásico das células eucariotas é que está constituída por ADN e proteínas.
Cromátida
Cada unha das partes simétricas do cromosoma metafásico que están constituídas por dúas moléculas de ADN idénticas.
Centrómero
Rexión do cromosoma de posición variable que mantén unidas as cromátidas irmáns do cromosoma, e é a rexión pola que se xunta o cromosoma ao fuso acromático.
Cromosomas homólogos
Cada un dos cromosomas que conteñen a información xenética para os mesmos caracteres procedentes do pai e a nai.
Fermentación
É un proceso de degradación anaerobia da glicosa, cuxa finalidade é a obtención de enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+. Hai que destacar os dous tipos de fermentación: láctica e alcohólica. Na fermentación láctica, a glicosa degrádase de forma anaerobia a ácido láctico. A fermentación etanólica é a degradación anaerobia da glicosa a etanol.
Mutación
Cambios producidos no material hereditario. Pode ser de diferentes tipos destacando a mutación no nivel molecular (que afecta á secuencia de nucleótidos) e no nivel cromosómico (afecta á estrutura dos cromosomas).
Recombinación
Intercambio de fragmentos cromosómicos entre cromosomas homólogos durante a meiose.
Segregación cromosómica
Separación dos cromosomas homólogos durante a meiose.
Antibiótico
Composto químico antemicrobiano.
Nucleósido
Molécula que resulta da unión dunha base nitroxenada e unha molécula de pentosa mediante un enlace N‐glicosídico.
Nucleótido
Nucleósido unido a unha molécula de ácido fosfórico mediante un enlace éster fosfórico.
Conceptos Adicionais
Localización intracelular da glicólise: citosol.
Rutas metabólicas que pode seguir o produto final da glicólise: pode seguir ben a respiración mitocondrial ou a ruta fermentativa.
Antíxeno: calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo capaz de xerar unha resposta inmune.
Anticorpo: é unha glicoproteína globular, producida polos linfocitos en resposta a un antíxeno, e cuxa función é unirse a dito antíxeno dando lugar á formación dun complexo antíxeno-anticorpo.
Enlace O‐glicosídico: fórmase pola unión entre dous grupos OH dos C de dous monosacáridos, liberándose una molécula de auga.
Enlace éster: é o que se establece entre un grupo alcohol e un grupo ácido (carboxílico).
Enlace peptídico: fórmase pola unión do C do grupo carboxilo dun aminoácido co N do grupo amino doutro aminoácido.
Respiración mitocondrial: proceso de degradación aerobia da glicosa no que o piruvato obtido na glicólise se oxida completamente a CO2 e H2O. Consta de dúas etapas: ciclo de Krebs e cadea respiratoria.
Fermentación: proceso de degradación anaerobia da glicosa cuxa finalidade é a obtención da enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+.
Macrófago: células do sistema inmune con capacidade fagocítica e presentadora de antíxenos.
Soro: preparado que contén anticorpos e confire inmunidade pasiva.
As substancias minerais pódense atopar nos seres vivos de tres formas: precipitadas, disoltas ou asociadas a substancias orgánicas.
A osmose prodúcese cando se poñen en contacto dúas disolucións de diferentes concentracións separadas por unha membrana semipermeable, a auga fluirá dende a disolución máis diluída á máis concentrada.
A turxencia prodúcese como consecuencia da entrada de auga debido a que a célula se atopa nun medio hipotónico, con poucos solutos.
A plasmólise prodúcese se o medio que rodea á célula é hipertónico, con moitos solutos. Sae auga, o que provoca que a célula se “engurre”.
Auga: mediante a fotólise proporciona protóns, electróns e osíxeno molecular que é liberado á atmosfera.
Luz: proporcionar a enerxía necesaria para a excitación dos pigmentos fotosintéticos.
CO2: combinarse coa Ribulosa 1,5 bifosfato pola acción da Rubisco, para obter hidratos de carbono.
O ATP e o NADPH2 utilízanse ambos no ciclo de Calvin co fin de poder fixar CO2 para a obtención de hidratos de carbono pola acción da Rubisco.
Ácido graxo: molécula constituída por unha cadea hidrocarbonada longa, de tipo alifático, cun grupo carboxilo nun dos extremos.
Triacilglicérido: éster de glicerina e ácidos graxos.
Fosfolípido: éster de glicerina con dous ácidos graxos e un ácido fosfórico unido a un alcohol.
O transporte activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía. Participan proteínas transportadoras axuntadas a unha fonte de enerxía procedente xeralmente da hidrólise do ATP. Este tipo de transporte úsano principalmente os ións.
O transporte pasivo é un proceso de difusión a favor de gradiente e non require gasto de enerxía.
Quitina. Polisacárido do grupo dos glícidos. Función estrutural (paredes de fungos e exoesqueletos de artrópodos).
Frutosa. Monosacárido do grupo dos glícidos. Función enerxética. Nas células vexetais.