Historia da Bioloxía Celular
1. Postulados da Teoría Celular
- Unidade anatómica: Os animais e os vexetais están constituídos por células. Os organismos proceden de células especiais (gametos). As células presentan características morfolóxicas comúns.
- Unidade fisiolóxica: Cada célula está dotada dunha certa autonomía vital. A función dun órgano é a suma das funcións das súas células.
- Unidade xenética: Cada célula, como individuo, procede doutra célula.
2. Contribucións á Teoría Celular
Todos os investigadores seguintes contribuíron á teoría celular, agás quen? a) Robert Hooke. (NO)
3. A Teoría Neuronal
Ramón y Cajal demostrou que a teoría celular é universal (é dicir, válida para todos os compoñentes dos seres vivos), ao mostrar que tamén as neuronas son células individuais.
Células e Tecidos
1. Comparativa Células Procariotas e Eucariotas
Semellanzas:
- Membrana plasmática (bicapa lipídica con proteínas asociadas que delimita externamente calquera tipo de célula).
- Citoplasma (contido celular con exclusión dos orgánulos, que ten a consistencia dun xel viscoso).
- ADN (ácido desoxirribonucleico, molécula portadora de información xenética).
- Ribosomas (partículas formadas por ARN ribosómico e proteínas asociadas, que serven de lugar de síntese das proteínas).
Diferenzas:
Característica | Procariotas | Eucariotas |
---|---|---|
Tamaño | 1-10µm | 10-100 µm |
División | Binaria | Mitose |
Estruturas Ausentes | Membrana nuclear, Nucléolos, Sistema endomembranas, Mitocondrias, Cloroplastos, Movementos internos, ADN con proteínas, Cromosomas múltiples | Parede celular (vexetais si), Respiración anaerobia |
Cilios | Ambas teñen flaxelo | Ambas teñen flaxelo |
2. Características das Células Vexetais
Parede celular, cloroplastos, citocinese, fotosíntese.
3. Definición de Tecido
Grupo de células nun organismo pluricelular que realizan a mesma función.
4. Sincitios e Plasmodios
Células con máis dun núcleo, que se poden orixinar por dous mecanismos diferentes:
- Sincitio: Fusión de varias células.
- Plasmodio: División dun núcleo sen citocinese.
Compoñentes Químicos das Células
1. Biomoléculas Inorgánicas vs. Orgánicas
- Inorgánicas: Non son exclusivas dos seres vivos (auga, sales minerais e algúns gases).
- Orgánicas: Son exclusivas da materia viva (carbohidratos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos).
2. Moléculas Hidrófilas vs. Hidrófobas
- Moléculas hidrófilas: Disólvense facilmente en auga. As sustancias iónicas disólvense porque os ións negativos son atraídos pola carga parcial positiva dos hidróxenos da auga e os ións positivos son atraídos pola carga parcial negativa do osíxeno da auga. As sustancias polares disólvense porque as súas moléculas (polares) forman pontes de hidróxeno coa auga, que tamén é polar.
- Moléculas hidrófobas: Son insolubles en auga (as moléculas de auga teñen pouca tendencia a separalas e mantelas en solución).
3. Funcións dos Hidratos de Carbono
- Fonte de enerxía para a célula (liberación ou almacén). A degradación dos carbohidratos produce enerxía (na mitocondria) e no cloroplasto sintetízanse azucres complexos que serven de almacén. Exemplos de carbohidratos de almacén: o amidón da pataca e o glicóxeno das células musculares.
- Sostén mecánico. Todas as paredes celulares dos vexetais teñen polisacáridos (celulosa).
- Sinalización, recoñecemento e interacción entre células. (Ex: O glicocalix: cuberta de carbohidratos da membrana celular).
4. Definición e Estrutura dos Lípidos
Lípido: Molécula insoluble en auga e soluble en solventes orgánicos.
Os fosfolípidos, glicolípidos e o colesterol se dispoñen na membrana plasmática nunha dobre capa coas cabezas hidrófilas en contacto coa auga e as colas hidrófobas cara o interior da dobre capa.
5. Funcións das Proteínas
- Compoñentes estruturais das células (forman parte das membranas celulares e de todos os compoñentes do citoesqueleto).
- Transporte de pequenas moléculas (ex. transporte de O2 pola hemoglobina e transporte activo ou pasivo de moléculas a través das membranas).
- Sinalización celular (hormonas peptídicas).
- Defensa (anticorpos).
- ENCIMAS (catalizan as reaccións químicas dos seres vivos).
6. Diferenza entre Nucleósido e Nucleótido
- Nucleótido: BASE + AZUCRE + GR.FOSFATO
- Nucleósido: BASE + AZUCRE
BASE= composto cíclico nitroxenado
AZUCRE= pechado nun anel (ribosa ou desoxirribosa)
7. Diferenzas entre ADN e ARN
Ácido ribonucleico (ARN)
- Azucre: ribosa
- Bases nitroxenadas: (A, adenina; U, uracilo; C, citosina; G, guanina)
- 1 cadea que pode formar lazos por apareamento entre bases complementarias (A-U e CG)
Ácido desoxirribonucleico (ADN)
- Azucre: desoxirribosa
- Bases nitroxenadas: (A, adenina; T, timina; C, citosina; G, guanina)
- 2 cadeas enlazadas en forma de dobre hélice, na que os nucleótidos das súas cadeas se aparean a través das bases complementarias (A-T e C-G)